Restauracionismo

Aspirando a recobrar a experiencia primitiva do cristianismo, o restauracionismo sería chamado tamén "primitivismo"

O restauracionismo é unha tendencia que define a un conxunto variado de movementos relixiosos autodefinidos a si mesmos como o descubrimento e "restauración" en tempos modernos da forma orixinal do cristianismo. Baixo a cobertura do termo atópanse varios movementos relixiosos motivados por unha idea comparable de recuperación das orixes do cristianismo. Algúns destes movementos orixináronse nas illas británicas, pero só progresarían nos Estados Unidos e posteriormente en terras da súa fronteira occidental durante o século XIX coa chegada do chamado Segundo Grande Espertar.

Con carácter máis xeral, esta tendencia é coñecida co nome de primitivismo (que caracteriza a moitos movementos que se remontan ao cristianismo primitivo e que tamén teñen lugar en tempos modernos, incluíndo aos bautistas e, antes que eles, aos anabaptistas).


Developed by StudentB